Demo

Presentación "A solas conmigo"

  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Carmen Abizanda
  • Autoría: Carmen Abizanda
  • Tipo: Presentación libro

CARMEN ABIZANDA

Profesora de Literatura Dramática na ESAD de Galicia, onde imparte clases desde o ano 2006. Obtén o título de Doutora pola Universidade de A Coruña en 2013, tras superar estudios de doutorado no Departamento de Filoloxía Española e Latina, cunna tese sobre a obra dramática de Juan Mayorga. 

A súa formación e experiencia profesional repartese entre o xornalismo, a interpretación e a dramaturxia. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e Titulada Superior en Dirección de Escena e Dramaturxia pola Escola Superior de Arte Dramática de Madrid (RESAD). Foi responsable, ademais, do departamento de comunicación de Adivina Producciones. Como xornalista conta con numerosos traballos e artigos en prensa. 

Publicou obras teatrais como La otra orilla e Veo, veo e, tamén,  pezas breves como Adictos a la luz, Si cierras los ojos ou Un hilo de lana roja.  

Formouse en dramaturxia con Ricardo Doménech, Juan Mayorga e Luis Landero, entre outros.

Sinopse

A solas conmigo é a historia dunha muller que se enfronta a un cáncro. A enfermidade vaille revelando cousas de sí mesma e situándoa diante dun novo e insospeitado xeito de ver a vida. O tratamento contra o cáncro convértese nunha batalla que vai ter que librar en dúas frontes ao tempo: o da loita contra enfermidade e o do descubrimento da súa propia realidade como ser humano. Alicia atopa, de xeito paradoxal, a partir da enfermidade, un novo lugar que, desde entón, vai ocupar a súa soidade acompañada.