Demo

Un belo día

  • Compañía: Dulce Duca/Pistacatro
  • Procedencia: Portugal
  • Dirección: Iris Ziordia
  • Autoría: Dulce Duca
  • Tipo: Circo
  • Presentación: 2010

A Compañía

Dulce Duca iníciase no mundo do malabar de forma autodidacta no ano 2003. En 2006 cursa en Francia a formación FAAAC, formación Alternativa e Autoxestionada das Artes do Circo. En 2007 funda a compañia Branle-Bas e crea o seu primeiro espectáculo, Many. 

Será en 2009 cando coñeza ó malabarista Iris Ziordia e comece a súa colaboración con él explorando novas linguaxes centradas no uso do obxecto, a mente, o corpo e as emocións. Así é como nace Un Belo Día, que se presenta no maratón de circo Al Filo (Teatro Circo Price) dentro do Festival Escena Contemporánea de Madrid

Sinopse

UN BELO DÍA é un proxecto de vida construido por Dulce Duca e Iris. Vida en forma de espectáculo. Dulce Duca incorpora o malabar, a manipulación e os equilibrios de mazas cunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións nunha peza que integra e intriga ó público de tódalas idades. 

Un Belo Día nace das entrañas e conecta co espectador de xeito primordial, puro e simple.

Ficha artística

  • Elenco: Dulce Duca
  • Dirección: Iris Ziordia