Demo

Maghi per una notte

  • Compañía: Lucchettino
  • Procedencia: Italia
  • Dirección: Paolo Nani
  • Autoría: Luca Regina, Tino Fimiani
  • Tipo: Comedia visual
  • Destinado a: Familiar
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Duración: 60'

A Compañía

"Lucchettino" (Luca Regina e Tino Fimiani) gañaron o premio "Mandrake d'Or" en 2016. O dúo italiano, dirixido polo famoso actor e director Paolo Nani, volve ao escenario con "Maghi per una notte (Magos por unha noite)", un espectáculo que ten como obxectivo combinar diferentes estilos e cruzar fronteiras, onde a "Commedia dell´arte " cos seus temas universais, renóvase.  Participaron en varios programas de televisión italianos, como "Zelig Circus" e "Maurizio Costanzo Show". Coñecidos internacionalmente pola súa exitosa asociación con Arturo Brachetti nas súas xiras europeas.

Sinopse

O espectáculo está a punto de comezar. O chapeu do mago e a súa maleta están no escenario. Está chegando o público, e os asistentes do mago están alí, aínda que pode que sexan os asistentes do mago ou so dous conserxes. Noutras palabras, todo está xa alí, a excepción do propio mago.

Iso podería ser definitivamente un gran problema pero afortunadamente para nós, están  Luca e Tino que, agora, van substituír ao mago que non chega.

Ficha artística

  • Reparto: Luca Regina e Tino Fimiani

Destaques

  • Premio "MANDRAKES D´OR" 2016 da Academia Francesa de Ilusionistas no Festival Internacional da Ilusión e da Prestidixitación.