Demo

A terapia das palabras

  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Carmen Abizanda
  • Tipo: Obradoiro
  • Destinado a: Asociadas de ADICAM
  • Duración: Martes 3 e Xoves 5 de 18.00h a 20.00h

A TERAPIA DAS PALABRAS: O pracer de crear

As experiencias vividas constitúennos. As nosas lembranzas conforman o lugar onde residen as historias que contamos e que nos contamos. Creamos a partir do pracer e da dor. 

Imos  tratar de atopar os cauces a partir dos cales as nosas testemuñas nos permitan explorar desde a ficción e desde o xogo. 

A experiencia propia é unha vía de coñecento pero tamén un camiño para a creación no que a dor do vivido transformase no pracer do creado.

CARMEN ABIZANDA

Profesora de Literatura Dramática na ESAD de Galicia, onde imparte clases desde o ano 2006. Obtén o título de Doutora pola Universidade de A Coruña en 2013, tras superar estudios de doutorado no Departamento de Filoloxía Española e Latina, cunna tese sobre a obra dramática de Juan Mayorga. 

A súa formación e experiencia profesional repartese entre o xornalismo, a interpretación e a dramaturxia. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e Titulada Superior en Dirección de Escena e Dramaturxia pola Escola Superior de Arte Dramática de Madrid (RESAD). Foi responsable, ademais, do departamento de comunicación de Adivina Producciones. Como xornalista conta con numerosos traballos e artigos en prensa. 

Publicou obras teatrais como La otra orilla e Veo, veo e, tamén,  pezas breves como Adictos a la luz, Si cierras los ojos ou Un hilo de lana roja.  

 

Formouse en dramaturxia con Ricardo Doménech, Juan Mayorga e Luis Landero, entre outros.