Demo

Nacidas libres

  • Compañía: Contraproducións en coprodución coa MITCFC
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Cristina Domínguez
  • Autoría: Cándido Pazó
  • Tipo: Comedia
  • Estrea: Estrea absoluta

A Compañía

Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación de espectáculos escénicos.

Conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.

Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creacións escénicas de Cándido Pazó no campo do teatro e a narración oral, aínda que dando cabida tamén a outras figuras da dirección escénica ou a escritura teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas.

Sinopse

Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome. En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais:

"A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago".

Ficha artística

  • Autor: Cándido Pazó
  • Dirección: Cristina Domínguez
  • Escenografía: Carlos Alonso
  • Deseño de son e música orixinal: Guillerme Fernández
  • Deseño iluminación: Afonso Castro
  • Vestiario: Carlos Alonso

Elenco:

  • Susana Dans
  • Casilda Alfaro
  • Mónica Caamaño
  • Rocío González