Demo

Teatro na mochila

  • Compañía: Carballo con botas
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Anxo Moure Mosquera
  • Autoría: Anxo Moure Mosquera
  • Tipo: Rúa
  • Presentación: 2016

A Compañía

Carballo con Botas con mais de 8.000 actuacións dende hai 27 anos en 300 espazos de rúa, praias, parques, teatros, cestros escolares, hospitais, centros penitenciarios, bebetecas, centros da terceira idade, bibliotecas..., da Galiza, Portugal, Euskadi, Castela, Asturias.., a través de animacións teatrais con contacontos, obradoiros, títeres e monicreques...,  vinculadas ao activismo ambientalista, antimilitarista e solidario dentro da proposta europea de "Cultura contra o cambio climático" con Ciclobibliotecas, Titiricletas, Nubinetes, Embarcaescolas...

Sinopse

Un actor cun teatriño de madeira dentro dunha mochila reciclada pendurado nas costas viaxa polas praias de Cangas instalando unha sombrilla ou parasol cunha cadeira  para ceibar historias dentro do teatriño que denuncian as mareas negras, a contaminación dos mares, o lixo nas praias...., promovendo a sensibilización sobre o coidado da riqueza do ecosistema dunar e maritimo protagonizadas por monicreques tecidos por artesans galegas. A historia do Tío Teixo, da Serea Luviñas, de Sabeliña, Sabelar, unha pinguiña de mar que humana quería ser e coas nenas e nenos na praia xogar...

Destaques

O proxecto "Contos Solidarios" do Carballo con Botas ten recibido ao longo da sua historia…

  • Premio de  Educación Ambiental en Galicia 1.990
  • Premio Agronatura a mellora da calidade de vida 1.991
  • Premio Arte e Educación Ambiental da Sgea 2.008
  • Premio Osixeno Adega 2.009
  • Premio Son de Aldea 2.015
  • Premio Escola Neboa Samain 2.016