Demo

Ghastas pista!!! Cabaré Pistacatro

  • Compañía: Pistacatro
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Pistacatro
  • Autoría: Pistacatro
  • Tipo: Circo-Humor
  • Presentación: 2010

A Compañía

Pistacatro Productora de Soños S.L. é a compañia e produtora de Circo máis relevante das Artes Vivas en Galicia. Distribue as súas producións propias ou algunhas producións que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas propostas que consideramos importantes baixo criterios de calidade e interese cultural. Logo de 10 anos da súa constitución, Pistacatro pretende continuar asentándose como a productora decana das novas correntes circenses en Galicia e dende Galicia para o mundo, abrindo novos mercados e públicos. Un facilitador da profesionalización do CIRCO en Galicia.

Sinopse

A fórmula do Cabaré Colectivo sempre foi unha das especialidades de Pistacatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketches de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. 

Os cabarés de Pistacatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketches de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué ou de break dance. Ofrécese así ó público un espectáculo multidisciplinar e variado.

Ficha artística

  • Elenco: Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Arturo Nono, Raquel Oitavén, Álvaro Pérez ou os Break In Clan.
  • Produción: Pistacatro Productora de Soños S.L. (Belém Brandido/José Expósito)