Demo

O actor creador. O carácter, a acción e o conflito

  • Imparte: Victor Duplá
  • Tipo: Curso interpretación para profesionais
  • Duración: 30 horas
  • Inscrición: Descargar formulario

Contar un personaxe con veracidade é unha das tarefas máis complexas para unha actriz ou un actor. Unha cousa é entender intelectualmente o personaxe e outra é darlle vida e descubrir como é a súa estrutura mental, como pensa, como se relaciona coas súas emocións, co seu instinto, co intanxible ou espiritual, como actúa, como se move, cales son as súas virtudes e os seus defectos, as súas luces e sombras. 

Na medida na que os actores e actrices coñecen cal é a súa personalidade expresiva, condicionada pola idade, sexo, lugar de procedencia, educación, cultura e experiencia vital, poderán comprender e expresar outro comportamento diferente ao seu, xa que explorar e coñecer a propia personalidade expresiva axudará ao actor ou actriz a baleirarse de si mesmos e encherse doutros que non son eles mesmos e así estar ao servizo da historia que o autor quere contar. O actor debe ser un instrumento libre e afinado que canaliza o personaxe para contar a historia.

O TALLER está dirixido a Actrices e Actores profesionais, en calidade de ACTIVOS.

O TALLER diríxese, tamén, a  Directores/as e Autores/as profesionais, en calidade de OÍNTES que, nesta ocasión, participarán de forma activa na primeira hora do taller.

DURACIÓN, DATAS e HORARIO:
  • DURACIÓN: 30 horas lectivas co seguinte calendario:
  • DÍAS: Desde o luns 3 ata o sábado 8 de xullo
  • HORARIO: 10.00-15.00 horas.
LUGAR:
  • Casa da Cultura de Cangas
PRAZAS : 
  • ALUMNADO ACTIVO (Actrices e Actores profesionais):   16 prazas
  • ALUMNADO OÍNTE (Autores/as e Directores/as): 10 prazas 
PREZO: 
  • ALUMNADO ACTIVO: 130 Euros  
  • ALUMNADO OÍNTE: 40 Euros 
INSCRICIÓN:

A partir das 16.00h do xoves 1 de xuño ata as 24.00h do venres 16 de xuño. 

Para facer efectiva a inscrición é imprescindible enviar o formulario de inscrición debidamente cuberto xunto ao currículo teatral actualizado coas producións profesionais nas que se estivo contratada/o, ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

SELECCIÓN:
  • A selección realizarase seguindo os seguintes criterios: 
  • Currículo teatral profesional. 
  • Orde de inscrición. 
  • Paridade mulleres - homes. 
  • Franxa de idades: 18 a 35 anos. 35 a 50 anos. De 50 en adiante.

A organización fará pública a lista das persoas seleccionadas a partir das 15.00 horas do martes 20 de xuño.

Publicarase, tamén, a lista por orde de inscrición de todas as persoas aspirantes á prazas. 

De producirse baixas ou anulacións de reserva, correrá a lista de espera.

FORMALIZACIÓN DA PRAZA: 

A reserva da praza formalizarase mediante o ingreso do importe do taller entre o martes  20 de xuño  e o luns 26 de xuño, ambos incluídos, sendo imprescindible enviar copia do pago da matrícula  ao correo electrónico da MITCF : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

En caso de anulación da reserva por parte dalgunha das persoas matriculadas, a organización non se compromete á devolución do importe da mesma se a praza non chegase a cubrirse. 

FORMA DE PAGO: 

Por medio de transferencia bancaria ao nº de conta corrente ASOCIACIÓN CULTURAL XIRIA, que se notificará  no seu momento ás persoas seleccionadas, as que deberán indicar no concepto, o nome da persoa admitida coa referencia “Obradoiros MITCFC”.

MATERIAL NECESARIO:

O luns 26 de xuño, unha vez formalizada a praza a través dos trámites antes indicados, proporcionarase ás persoas participantes o material dramático elixido por Víctor Duplá para traballar neste taller de interpretación.

 

O DOCENTE: VICTOR DUPLÁ 

Actor profesional e director de teatro de orixe cántabro.

Formado na Escola de Arte Dramática de Santander e na Escola Internacional do Actor Juan Carlos Corazza (1999-2004).

Actor en teatro, cine e televisión. Traballou baixo a dirección de Juan Mayorga, Sergio Peris-Mencheta, José Martret,  Jorge Coira e Carlos Saura, entre outros.

Compaxina o traballo de actor co de director, coach e profesor de interpretación.

FORMACIÓN
  • Interpretación (Formación completa). Estudio Juan Carlos Corazza. 1999/2004
  • Titulado en arte dramático. Escuela de arte dramático de Santander. 1997/1999
EXPERIENCIA PROFESIONAL COMO ACTOR:

TEATRO

  • La Cocina: Dir. Sergio Peris Mencheta. CDN. 2016
  • La funcionaria y el cerdito: Dir. Guillermo Ortega. Microteatro. 2015
  • MBIG: de William Shakespeare. Dir. José Martret. Pensión de Las Pulgas.2014/2015
  • Tempestad: Dir. Sergio Peris Mencheta. Barco pirata. 2013/2014
  • El Gordo y el Flaco: de Juan Mayorga. Dir. Carlos Marchena. 2008 
  • ¡Quien vá!. Destino Hamlet:  Dir. Sergio Peris-Mencheta.  Cía. NoHayQuorum. 2005
  • Despertar de Primavera:  Dir.Juan Carlos Corazza.  Estudio J.C.Corazza. 2004
  • Pedro y el Capitán:  Dir. Yumara Navarro.  Cía. Desbarajuste. 2003
  • La Cocina:  Dir. Sergio Peris-Mencheta.  Cía. NoHayQuorum. 2003
  • La Tempestad:  Dir. Sergio Peris-Mencheta.  Cía. NoHayQuorum. 2002
  • Romeo y Julieta:  Dir. Francisco Suarez.  Fila 7. 1999
  • Bodas de sangre y Yerma:  Dir. Roman Calleja.  P. Festivales de Cantabria.1998

CINE

  • 18 Comidas: Dir. Jorge Coira. TIC-TAC Producciones. 2009
  • 7 Minutos: Dir. Daniela Fejerman. Tornasol Film. 2008
  • Barbiekillers: Dir. Miguel Martí. Mediapro. 2007
  • El club de los suicidas: Dir. Roberto Santiago. Tornasol Film. 2006
  • La noche del Hermano:  Dir. Santiago García de Leaniz.  La Iguana. 2004 
  • Buñuel y la mesa del Rey Salomón:  Dir. Carlos Saura.  Rioja Film. 2001
  • El invierno de las Anjanas:  Dir. Pedro Telechea.  Cre-Acción Film. 1998

TELEVISIÓN

  • Pazo de Familia: Dir. Giselle Llanio, Manuel Espiñeira. Galiwood. TVG. 2017
  • El Ministerio del Tiempo: Dir. Marc Vigil. TVE. 2016
  • La Embajada: Dir. Carlos Sedes. Bambú. Antena 3. 2016
  • Serramoura: Dir. Jorge Saavedra, Miguel Conde. TVG. 2015/16
  • Os fillos do sol: Dir. Ramón Costafreda. Portocabo. TVMovie. 2016 
  • Carlos V, Rey Emperador: Dir. Oriol Ferrer, Jorge Torregrossa. Diagonal. TVE. 2015
  • Hospital Real: Dir. Jorge Casinello. Ficción. TVG. 2015
  • Amar es para siempre: Dir. Varios. Diagonal. Antena 3. 2013
  • Outro Mais: Dir. Ricardo Llovo. Filmanova. TV movie para TVG. 2011
  • Crematorio: Dir. Jorge Sanchez-Cabezudo. Mod & Canal +.2010
  • El Cardenal Tarancón: Dir. Antonio Hernández. Nadie es perfecto. 2010
  • Días sin Luz: Dir. Antonio Hernández. Ficción Media. Antena 3. 2009
  • El Síndrome de Ulises: Dir. Roberto Santiago. Zeta Audiovisual. 2007
  • C.L.A. no somos ángeles: Dir. Valerio  Boserman.  Europroducciones. 2007
  • El Circulo Rojo: Dir. Juanma R. Pachón. Ida y vuelta Producciones. 2006
  • Vientos de agua: Dir. Juan José Campanella. Icónica .2005
  • Al filo de la Ley:  Dir. Javier Olivera.  Plural Enterteinment. 2005
  • Hospital Central:  Dir. Javier Pizarro. Videomedia. 2004/2006
EXPERIENCIA PROFESIONAL COMO DIRECTOR E PROFESOR:
  • Curso de interpretación trimestral para actores e actrices profesionais. AAAG. 2017
  • Axudante de Dirección da obra de teatro “Get Back” dirixida por Jorge Coira. Eme2. Galicia. 2016
  • Masterclass para estudantes de Guión. Escuela de Ficción Voz Audiovisual. 2016
  • Curso intensivo de dirección de actores para directores y directoras profesionais do audiovisual. CREA. Galicia, 2013 e 2014.
  • Coach das cantantes Rachelle Bentley e La Shica. 2013/2014.
  • Profesor do Curso "O traballo co actor e a modelo" dirixido a fotógrafos profesionais na escola EFTI Madrid. 2012
  • Director da agrupación teatral “La Luciérnaga” (O.N.C.E). Madrid. 2008/2015
  • Profesor do Taller de Teatro da D. T. ONCE de Madrid. 2008/2015
  • Director de “Si yo fuera Ángel Gonzalez” (Espectáculo de teatro e poesía). 2010
  • Coordinador y profesor de teatro del Festival Artes No Camiño y Director del grupo residente. Lugo.2008
  • Creador de “Grupo de entrenamiento para profesionales”. Madrid. 2007
  • Director de “Sonata a Strindberg” de Emilio Williams. Madrid e Salamanca. 2007
  • Profesor de interpretación na “Escuela Municipal de Arte Dramático de Las Rozas”. 2005/2011
  • Profesor de Teatro para executivos. Empresa de publicidade Wonderland. 2004
  • Director da curtametraxe “La Herencia”. Premio á mellor curtametraxe,"Festival Internacional de curtas de Torrelavega". 2003
  • Axudante de dirección de varios curtametraxes realizados en Cantabria. 2001/2003
CURSOS E SEMINARIOS
  • Interpretación: por Augusto Fernández. 2007
  • Análise de Texto:  por Augusto Fernández. 2004
  • Voz:  por Lidia García. 2003
  • Clown:  por Néstor Muzo. 2002
  • Mimodrama: por Blanca de Barrio e  José Piris. 1998