Demo
  • MITCFC
  • Mulleres en acción
  • Premio Mulleres en acción

Premio Mulleres en Acción

Premio Mulleres en Acción

O PREMIO MULLERES EN ACCIÓN nace no ano 2012 co obxectivo de recoñecer a traxectoria profesional, social e cultural de mulleres, colectivos, entidades ou empresas que realicen un labor artístico, cultural ou social que supoña unha contribución relevante para a implantación da igualdade de xénero na nosa sociedade.

O GALARDÓN

O galardón consiste nunha escultura de aluminio deseñada polo artista plástico Manuel Lareo a partir do logotipo creado para a MITCF polo pintor Manuel Pizcueta.

RECIBIRON O PREMIO MULLERES EN ACCIÓN

2016. MABEL LOZANO. Cineasta e documentalista. Polo seu exhaustivo labor documental e artístico ao servizo da denuncia da trata de mulleres vítimas explotación sexual.

2015. AURORA MARCO. Escritora e Ensaísta. Polo seu extenso e profundo labor como investigadora para a recuperación da memoria histórica das mulleres.

2014. (EX-AEQUO) TERTULIA FEMINISTA LES COMADRES. MUJERES DE BARREDOS POR LA IGUALDAD. CIMA, Asociación de Mujeres Cineastas y del Audiovisual por idear e organizar EL TREN DE LA LIBERTAD, evento rodado por mulleres cineastas e coordinado por CIMA.

2013. OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE por idear e crear o primeiro TRIVIAL FEMINISTA, un excepcional xogo coeducativo que fai visible o labor de centos de mulleres imprescindibles na nosa Historia.

2012. MARÍA XOSÉ QUEIZÁN. Escritora e Ensaísta. Polo seu labor extraordinario como escritora, pensadora e activista feminista en defensa da igualdade e dos dereitos das mulleres.