Demo
  • MITCFC
  • A Mostra
  • Premio Xiria e Premio do Público

Premio Xiria e Premio do Público

Premio Xiria e Premio do Público

PREMIO XIRIA AO LABOR TEATRAL

O Premio Xiria ao labor teatral nace no ano 1987 e ten como obxectivo o recoñecemento das persoas, organizacións, entidades públicas ou privadas que demostrasen ao longo da súa traxectoria profesional un labor teatral que, dun xeito ou outro, deixase pegada nas Artes Escénicas de Galicia.

GALARDÓN

O galardón consiste nunha escultura de aluminio deseñada polo artista plástico Manuel Lareo a partir do logotipo creado para a MITCF polo pintor Manuel Pizcueta. 

RECIBIRON O PREMIO XIRIA AO LABOR TEATRAL

2016.   GRUPO CHÉVERE, Compañía de teatro.

2015.   LUMA GOMEZ. Actriz.

2014.   ETELVINO VÁZQUEZ. Director e pedagogo

2013.   FRIGORÍFICOS DEL MORRAZO. Empresa.

2012.   ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE NARÓN.

2011.   ANA ROMANÍ. Poeta, Xornalista e Directora do Diario Cultural da Radio Galega

2010.   JUAN CEJUDO. Actor e Director de escena.

2009.   ESCENA GALEGA. Asociación de Produtoras escénicas de Galicia

2008.   CELSO PARADA. Actor e Director de Escena.

2007.  RUBÉN GARCÍA. Director da MIT Ribadavia

2006.   MANUEL VIEITES. Director da ESAD DE GALICIA

2005.   PEDRO PABLO RIOBÓ, Dramaturgo e ensaísta.

2004.   FACULTADE de PEDAGOXÍA TEATRAL da Universidade de A Coruña

2003.   XOSÉ MANUEL PAZOS VARELA. Dramaturgo, Tradutor, Profesor e Político.

2002.   ANTONIO SIMÓN, Actor e Director de escena

2001.   EQUIPO TÉCNICO DA MITCF.

2000.   ANXELES CUÑA, Directora de escena.

1999.   FRANCISCO TAXES. Dramaturgo.

1998.   ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA.

1997.   ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Actor, Director e Dramaturgo.

1996.   XULIO LAGO. Actor e Director de Escena.

1995.   Cía. TEATRO DE NINGURES.

1994.   (EX AEQUO) SALA GALÁN e SALA NASA.

1993.   REVISTA GALEGA DE TEATRO.

1992.   Cía. TANXARINA TÍTERES.

1991.   GUSTAVO DOCAMPO, Programador Barco Valdeorras

1990.   MANUEL LOURENZO. Dramaturgo.

1989.   FESTIVAL DE TÍTERES DE GALICIA.

1988.   DOROTEA BÁRCENA, Actriz, Dramaturga e Directora.

1987.   AGUSTÍN MAGÁN, Actor e Director de escena.

PREMIO DO PÚBLICO 

O PREMIO DO PÚBLICO nace no ano 2011 con dous obxectivos:

  1. Converter a un público tan activo como o da MITCF no principal xurado dos espectáculos programados.
  2. Premiar aos profesionais que participan na MITCF co mellor dos premios posibles: O PREMIO DO PÚBLICO.    

RECIBIRON O PREMIO DO PÚBLICO

2016.  INTERRUPTED, da compañía TEATRO EN VILO (Inglaterra-España)

2015.  LA FLAUTA MÁGICA, da compañía DEI FURBI (Cataluña)

2014.  MACBETH, da compañía do CHAPITÓ (Portugal)

2013.  EUROZONE, da compañía  CHÉVERE TEATRO  (Galicia)

2012.  MEMORIAS DUN NENO LABREGO da compañía ABRAPALABRA (Galicia)

2011. ZIC ZAG de JOSEPH COLLARD (Bélxica)