Demo
  • MITCFC
  • Mulleres en acción
  • Programación xornadas

XVII Xornadas Mulleres en acción

ENTRANDO NA HISTORIA: Unha batalla por librar

En plena Era da Información, co cambio de paradigma acontecido no modelo de comunicación, que os logros científicos, artísticos, deportivos, pedagóxicos, intelectuais e sociais das mulleres permanezan, aínda, excluídos das grandes enciclopedias, dos libros de texto e dos medios de comunicación, indica que existen serias asimetrías na información que impiden a visibilidade do labor das mulleres e informa da importante batalla que nos queda por librar. 

Mulleres en Acción considera que este brutal borrado da Historia é un acto salvaxe, deliberado e ruín que segue deixando a ese cincuenta por cento da poboación que somos as mulleres fora das páxinas Historia.  Esta degradante realidade fai máis obrigado que nunca sacar á luz, con determinación e sen pudor, o traballo artístico e profesional das mulleres. 

Mulleres en Acción/MITCFC esfórzase en cumprir a Lei de Igualdade e aplicar a paridade á súa programación, ofrecendo espectáculos de gran, medio e pequeno formato que conten coa participación activa das mulleres.  Así, nesta edición, veremos a máis de  TRINTA Actrices sobre os nosos escenarios; a ONCE Directoras de Escena; SETE Autoras; SEIS Produtoras; CINCO Deseñadoras de vestiario; UNHA Compositora; UNHA Iluminadora; UNHA Escenógrafa e unha nada desprezable presenza de fotógrafas, creativas e axudantes de dirección, todas elas, boas profesionais que enriquecen o noso patrimonio artístico, cultural e teatral. 

A esta aposta programática engadimos a celebración das XVII Xornadas Mulleres en Acción, tituladas “ENTRANDO NA HISTORIA: Unha batalla por librar”  nas que, desde prismas diversos, abordaremos as consecuencias deste lamentable BORRADO.                        

Quedades convidadas e convidados a celebrar con nosoutras estas Xornadas de Igualdade e Acción.

Sábado 8 de xullo. Auditorio Municipal.

  • 12:00 H. a 13:30 H. MULLERES IGNORADAS DA HISTORIA E A CULTURA, polo colectivo NOITES LILAS.
  • 17:30 H. Presentación do proxecto NOITES LILAS.
  • 17:45 H. CINCO ANOS DE CINE COMERCIAL ESPAÑOL: Onde están as mulleres? por Asunción Bernárdez Rodal.
  • 18:30 H. DEBATE. Presenta e modera: María Armesto, Directora Artística MITCFC.
  • 19:30 H. CLAUSURA. Tomás Hermelo Álvarez, Concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade de Concello de Cangas. Colabora: Dª Paula Tenorio, Directora do CIM de Cangas.
  • 19:45 H. A PALABRA XUSTA: Proxección do documental realizado por Miguel Piñeiro e baseado na vida e obra de Dª Antía Cal, presentado por Aurora Marco.
  • 22:30 H. Entrega do Premio Mulleres en Acción a Dª ANTIA CAL.
Taller de empoderamento e Trinta entradas solidarias

Taller de empoderamento e Trinta entradas solidarias
Xoves, 06 Xullo 2017 17:00
Casa da Cultura

Mulleres ignoradas da historia e a cultura

Mulleres ignoradas da historia e a cultura
Sábado, 08 Xullo 2017 12:00
Sala expos Auditorio Municipal

Noites lilas

Noites lilas
Sábado, 08 Xullo 2017 17:30
Sala expos Auditorio Municipal

Cinco anos de cine comercial español: onde están as mulleres?

Cinco anos de cine comercial español: onde están as mulleres?
Sábado, 08 Xullo 2017 17:45
Sala expos Auditorio Municipal

Documental: A palabra xusta

Documental: A palabra xusta
Sábado, 08 Xullo 2017 19:45
Auditorio Municipal

Premio Mulleres en Acción a Antía Cal

Premio Mulleres en Acción a Antía Cal
Sábado, 08 Xullo 2017 22:30
Auditorio Municipal