Demo

Programación XXXIV MITCFC

Cando en pleno século XXI o humor, en calquera das súas vertentes, branco, negro ou do absurdo, é cuestionado e hai quen pensa que se pode lexislar sobre a ficción, na MITCFC queremos destacar os múltiples beneficios que o humor e as artes vivas exercen sobre a nosa sociedade e as nosas vidas e cuestionármonos, tamén, a triste idea de que o “politicamente correcto” e as leis se poden aplicar á ficción.

O humor é un código, unha convención creada e pactada pola sociedade para analizar a realidade, criticala, deformala, contestala ou ridiculizala. Un código que nos permite facer ou padecer as críticas máis descarnadas sen que o sangue chegue ao río, teñamos o sangue vermella ou azul. 

O humor é pedagóxico, mellora a comunicación e axiliza a comprensión. O humor é, en definitiva, saudable.

Lexislar sobre a ficción, ademais de ser algo impropio dunha sociedade avanzada e democrática, é espantosamente ridículo. ¿Quen, no seu san xuízo, pode pretender levar ante a xustiza as tramas e os conflitos dos personaxes da literatura dramática ou cinematográfica? Habería que ilegalizar unha boa parte do cine norteamericano e, de paso, os textos de autores claves da nosa cultura como Aristófanes, Shakespeare, Molière, Emilia Pardo Bazán, Bertolt Brecht, Valle-Inclán, Albert Camus, Dorotea Bárcena, Harold Pinter, Roberto Vidal-Bolaño, Sarah Kane,  Samuel Beckett,  Franca Rame e Darío Fo ou Sor Juana Inés de la Cruz. 

Na MITCF de Cangas defendemos con rotundidade a liberdade de creación e expresión. Así, Ficción e Humor brillarán un ano máis nesta Mostra que chega xa á súa 34 edición.

Benvidas e benvidos, pois, á festa da liberdade que son o TEATRO e o HUMOR.

Xanciño

Xanciño "Chismes"
Xoves, 29 Xuño 2017 12:00
Venres, 30 Xuño 2017 12:00
Sábado, 01 Xullo 2017 12:00
Feiras de Bueu, Cangas e Moaña

Tanxarina. Exposición de bonecos

Tanxarina. Exposición de bonecos
Venres, 30 Xuño 2017 20:00
Auditorio Municipal

Up2Down

Up2Down
Venres, 30 Xuño 2017 20:30
Parque da Palma

Pregón inaugural por María Salgueiro

Pregón inaugural por María Salgueiro
Venres, 30 Xuño 2017 22:30
Auditorio Municipal

Nacidas libres

Nacidas libres
Venres, 30 Xuño 2017 22:30
Auditorio Municipal

Teatro na mochila

Teatro na mochila
Sábado, 01 Xullo 2017 18:30
Domingo, 02 Xullo 2017 18:30
Sábado 1, praia de Rodeira
Domingo 2, praia de Vilariño, Aldán

Unha rosa entre as pernas

Unha rosa entre as pernas
Sábado, 01 Xullo 2017 20:30
Sábado, 01 Xullo 2017 21:30
Camerinos do Auditorio Municipal

Agares que buligan gozando ao sol dunha habaneira que non é

Agares que buligan gozando ao sol dunha habaneira que non é
Sábado, 01 Xullo 2017 20:30
Capela do Hospital

A vida tola

A vida tola
Sábado, 01 Xullo 2017 20:30
Praza da Constitución

Río Bravo

Río Bravo
Sábado, 01 Xullo 2017 22:30
Auditorio Municipal

Ghastas pista!!! Cabaré Pistacatro

Ghastas pista!!! Cabaré Pistacatro
Domingo, 02 Xullo 2017 20:30
Praza de Ojea

La extinta poética

La extinta poética
Domingo, 02 Xullo 2017 22:30
Auditorio Municipal

O actor creador. O carácter, a acción e o conflito

O actor creador. O carácter, a acción e o conflito
Luns, 03 Xullo 2017 10:00
Casa da Cultura
Días 3,4,5,6,7,8 de 10:00 a 15:00

Revoltallo en pedra

Revoltallo en pedra
Luns, 03 Xullo 2017 18:30
Rúas de Cangas

Revoltallo en Sala: Incendios

Revoltallo en Sala: Incendios
Luns, 03 Xullo 2017 22:30

Las polis

Las polis
Martes, 04 Xullo 2017 20:30
Praza de Ojea

I Torneo de Dramaturxia de Galicia

I Torneo de Dramaturxia de Galicia
Martes, 04 Xullo 2017 22:00
Salasón

Non é país para conas

Non é país para conas
Martes, 04 Xullo 2017 23:59
Salasón

Equilibrando ilusiones

Equilibrando ilusiones
Mércores, 05 Xullo 2017 20:30
Pista Deportiva dos Xardíns do Señal

A galiña azul

A galiña azul
Mércores, 05 Xullo 2017 21:00
Auditorio Municipal

Os cans non comprenden a Kandinsky

Os cans non comprenden a Kandinsky
Mércores, 05 Xullo 2017 22:30
Capela do Hospital

Taller de empoderamento e Trinta entradas solidarias

Taller de empoderamento e Trinta entradas solidarias
Xoves, 06 Xullo 2017 17:00
Casa da Cultura

Ekilibuá

Ekilibuá
Xoves, 06 Xullo 2017 20:30
Parque da Palma

Encore une heure si courte

Encore une heure si courte
Xoves, 06 Xullo 2017 22:30
Auditorio Municipal

Presentación da Erregueté

Presentación da Erregueté
Venres, 07 Xullo 2017 20:00
Capela do Hospital

Pequeno cabaret infantil

Pequeno cabaret infantil
Venres, 07 Xullo 2017 20:30
Praza do Costal

Emilia

Emilia
Venres, 07 Xullo 2017 22:30
Auditorio Municipal

Estatuto d@s artistas/traballador@s da cultura

Estatuto d@s artistas/traballador@s da cultura
Sábado, 08 Xullo 2017 12:00
Auditorio Municipal

Mulleres ignoradas da historia e a cultura

Mulleres ignoradas da historia e a cultura
Sábado, 08 Xullo 2017 12:00
Sala expos Auditorio Municipal

Noites lilas

Noites lilas
Sábado, 08 Xullo 2017 17:30
Sala expos Auditorio Municipal

Cinco anos de cine comercial español: onde están as mulleres?

Cinco anos de cine comercial español: onde están as mulleres?
Sábado, 08 Xullo 2017 17:45
Sala expos Auditorio Municipal

Documental: A palabra xusta

Documental: A palabra xusta
Sábado, 08 Xullo 2017 19:45
Auditorio Municipal

Premio Mulleres en Acción a Antía Cal

Premio Mulleres en Acción a Antía Cal
Sábado, 08 Xullo 2017 22:30
Auditorio Municipal

Premio Xiria ao labor teatral a Cándido Pazó

Premio Xiria ao labor teatral a Cándido Pazó
Sábado, 08 Xullo 2017 22:30
Auditorio Municipal

La Sección

La Sección
Sábado, 08 Xullo 2017 22:30
Auditorio Municipal