Demo

O Tartufo. Lectura dramatizada

  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Casilda Alfaro
  • Autoría: Molière
  • Tipo: Comedia

Sinopse

Tartufo, un falso devoto, logrou ser acollido polo rico Orgón na súa casa como "director de conciencia". Alí pretende gobernar estrictamente a vida da familia ao que se opoñen todos (os fillos, Mariana e Damís, e a segunda esposa, Elmira). Só a señora Pernel, a nai de Orgón o aproba.  Orgón decide romper o compromiso de casamento de Mariana dado ao seu mozo, Valerio, para lle impor agora Tartufo. Ten entón lugar contra esta medida unha loita na que destacan Dorina (dama de compañía de Mariana) e mais Cleanto (irmán de Elmira).

Ficha artística

Actrices e actores, xunto con algunhas outras persoas relacionadas co Teatro, xuntáronse para facer nesta XXXV MITCFC a lectura do "Tartufo" de Molière na tradución ao galego, en verso, de Henrique Harguindey. Son:

  • Señora Pernel: María Armesto.
  • Orgón: Salvador del Río.
  • Elmira: Casilda Alfaro.
  • Mariana: Mónica Camaño.
  • Damís: Adrián Ríos.
  • Valerio: Zé Paredes.
  • Cleanto: Lois Soaxe.
  • Tartufo: Fran Paredes.
  • Dorina: Sonia Rúa.
  • Señor Leal: Xosé Manuel Pazos.
  • Garda-Mór: Henrique Harguindey.