Demo

Autoestopista intergaláctico

  • Compañía: Autoestopista Intergaláctico/Pistacatro
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Aitor Garuz, Loco Brusca
  • Autoría: Aitor Garuz
  • Tipo: Circo intergaláctico
  • Presentación: 2012

A Compañía

Pistacatro é a compañia e productora de Circo máis relevante das Artes Vivas en Galicia. Distribue as súas producións propias ou algunhas outras que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas que consideramos importantes baixo criterios de calidade e interés cultural. Tras dez anos dende a súa constitución, Pistacatro pretende continuar asentándose como a productora decana das novas correntes circenses en Galicia, abrindo novos mercados e públicos.

Un facilitador de profesionalización do circo na nosa terra baixo criterios de calidade e interese cultural. 

Sinopse

Un show de ciencia-ficción de clown e transformismo continuas mudanzas de vestiario e de personaxes cómicos dotados de poderes propios: desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, teñen control dos obxectos malabares, paralizan ao público con monólogos esmendréllantes. 

Benvidos a unha viaxe interestelar polo absurdo, benvidos ao mundo do... Autoestopista Intergaláctico!

Ficha artística

  • Aitor Garuz