Demo

Laboratorio de estremonías

  • Compañía: Mónica Camaño
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Mónica Camaño
  • Autoría: Mónica Camaño
  • Tipo: Autora
  • Presentación: 2018

A Compañía

Laboratorio de estremonías de Mónica Camaño, ten orixe no proxecto O teatriño da Fundación Luís Seoane, botado a andar en marzo de 2018. Comisariada por Camilo Franco, esta actividade busca o diálogo entre actrices e público sen maquinarias nin intermediarios na dirección ou na escrita: só elas/nosoutras, contando o que queiran como queiran. 

Na construcción artística nada nos é alleo, e neste Laboratorio de estremonías Mónica Camaño bebe das formas para procurar nas fendas do labor escénico as raíces da actriz para construír o mundo e dibuxarse na escena.

Sinopse

Laboratorio de estremonías é un artefacto escénico xestado na confrontación da muller e da actriz diante dos seus medos. Algúns teñen nome, outros só forma, pero todos eles arremuiñan nunha espiral que oculta a nosa meta: ser libres.

E como baleirarse na escena?

Entre fabulación e memoria, busquei o eido de onde veño para ollarme no que son. E cos pés nesa terra, souben do plural da solidariedade que muda as cadeas por trenzas domeando as fibras que terman do mundo: medio, capital, herdanza cultural.

Quixen pintarme no espazo escénico nun reflexo de nós, e reconstruínme nesta natureza viva.

Ficha artística

  • Creación e interpretación: Mónica Camaño
  • Produción e distribución: Fermento Soc. Coop. Galega