Demo

Nómades

  • Compañía: Xarope Tulú
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Gena Baamonde
  • Autoría: Gena Baamonde, Atenea García, Nicolás Zamorano, María Roja, Diego Martínez
  • Estrea: Estrea absoluta

A Compañía

Xarope Tulú é unha compañía  comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e á xuventude, que convida a viaxar por mundos de texturas e cores singulares. Fundada no ano 2015 pola actriz Atenea García e o músico Nicolás Zamorano. As súas propostas tentan achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: o teatro de obxectos, a música, a interpretación actoral e a narración oral entre outras, procurando non aferrarse a un único estilo interpretativo; facicilitando o descubrimento doutros mundos posibles e a creación dun espazo para a reflexión.

Sinopse

Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo. Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que da cor ós outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir. Onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar ás persoas en abstracto.

Ficha artística

  • Creación: Atenea García, Nicolás Zamorano, Gena Baamonde, 
  • Diego Martínez e María Roja
  • Dirección: Gena Baamonde
  • Elenco: María Roja, Atenea García e Diego Martínez
  • Música orixinal:  Nicolás Zamorano
  • Deseño de iluminación: Laura Iturralde
  • Escenografía: Nicolás Zamorano
  • Vestiario: Marte Martinka
  • Deseño cartel: Alba Blanco
  • Técnico Luz/Son: Nicolás Zamorano
  • Video: Caneca 
  • Produción: Xarope Tulú
  • Distribución: Urdime