Demo

Paraíso pintado

  • Compañía: Pepa Plana
  • Procedencia: Cataluña
  • Dirección: Ferruccio Cainero
  • Autoría: Ferruccio Cainero, Pepa Plana
  • Tipo: Pallasa
  • Presentación: 2016

A Compañía

Pepa Plana, actriz e pallasa catalana, é un referente nacional no xénero pola calidade dos seus espectáculos e pola súa contribución á visualización das pallasas, destacando como unha das figuras europeas. Fundou a súa compañía en 1998 cunha clara intención de facer teatro de pallasos para público adulto. Despois de 9 espectáculos, 6 de eles en cartel, xera gran expectación con cada novo proxecto. 'Paraíso Pintado' é o seu novo espectáculo e, neste caso, traballa co dramaturgo e director Ferruccio Cainero.

Sinopse

Un mostrador, co seu tapete de gancho, alguns obxectos cotiás e un cadro cunhas anxeliñas que cantan… é un Paraíso Pintado. Témolo visto toda a vida, pero nunca nos fixamos con detalle. Si miramos ben, hai unha que quere saír para cumprir o seu soño: voar e converterse nun ànxo da garda. Pero a súa viaxe colle unha dirección imprevista e remata sendo a ànxo da garda do fondo do mar.

Un espectáculo que, ademáis de ser divertido, tamén nos vai conectar coa cara máis tráxica e, como fan os bos pallasos, vainos poñer un espello diante da cara para que nos vexamos reflectidos.

Ficha artística

  • Pallasa - Pepa Plana
  • Idea orixinal e guión - Ferruccio Cainero/Pepa Plana
  • Dirección - Ferruccio Cainero
  • Voz en off - David Verdaguer
  • Escenografía - Lali Canosa
  • Vídeo - Estudio Nueveojos
  • Vestiario - Rosa Solé
  • Iluminación - Yuri Plana
  • Atretzo - Oriol Blanchar
  • Fotografía - Roser Arques
  • Produción - La Vaca Flaca
  • Agradecementos - Carlo-Mô

Destaques

  • Zirkòlika ao Mellor Espectáculo de Circo de Sala ou Carpa 2017.
  • Premio Nacional de Cultura 2014 do Consell Nacional de la Cultura i de les Arts.
  • Premio “Payaso del año” 2013 da Fira del Clown de Vilanova de la Muga.
  • “Premi Sabatot Alegre”, 9ª Setmana del Pallasso, Castellar del Vallès 2011.
  • Premio do Público á Gala dos “Premis de la Revista Zirkolika 2010″, por PENÈLOPE
  • Premio ARC 2004 na categoría de circo polo espectáculo “Giulietta”.
  • Mención Honorífica polo espectáculo “Giulietta” no IXè Festival Internacional de Pallassos de Cornellà.