Demo

EZ SUB

  • Compañía: Projeto EZ
  • Procedencia: Portugal
  • Dirección: João Pinto
  • Autoría: João Pinto
  • Tipo: Rúa
  • Presentación: 2017
  • Duración: 50'

A Compañía

En 2012 iniciouse o noso Projeto EZ. Decidimos que con “loucura, enxeño e moita EstupideZ”, podiamos construir ideas imposibeis.

Cun estilo deliberadamente artesanal, construimos e damos vida a máquinas de escena únicas que proporcionan ao público, ben interactuando directamente, ben unicamente observando, unha experiencia única. Con seguridade, podemos afirmar que todas as persoas seran mellores despois da nosa viaxe. Incluíndonos a nós mesmos.

Cun carácter de intervención, asumimos un estilo de animación teatral itinerante como base do noso proxecto.

Sinopse

Nun escenario urbano, un estraño submarino navega desorientado. Unha máquina escénica de gran formato, capaz de transportar aos transeúntes para unha nova realidade. Proxecto EZ pon a súa experiencia escénica ao servizo da innovación e da experiencia sensorial, desenvolvendo un novo proxecto que transforma ao público en actor e performer, no interior dun submarino urbano que da vida a momentos únicos.

Ficha artística

  • Creación: João Pinto
  • Construción: João Pinto, Luís Seixas
  • Texto e voz: Miguel Branca
  • Traducción: Jani Dunne, Miguel Branca
  • Efectos sonoros: José Janeiro
  • Apoio á mecánica: José Guedes
  • Figurinos: João Pinto