Demo

Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior]

A Compañía

ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propoñen un teatro que dialoga co mundo actual: un teatro necesario. A investigación dende un ollar crítico e irónico son  as claves que definen as súas pezas que se concretan en dramaturxias feitas á medida nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades do audiovisual.

Dende o 2016 estrearon en Galicia tres obras que conforman unha triloxía sobre a memoria. A memoria histórica (Voaxa e Carmín), a memoria do noso pobo (#camiños) e a memoria individual con Na butaca [fantasía nº 3 en Dor Maior]

Sinopse

Partindo da idea do vivir no presente dunha personaxe esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro-, Na butaca achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia. Da man dela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente. 

Na butaca remata por ser un alegato –poético- a favor da vida vivida no presente. Ao fin e ao cabo, quen non pensou algunha vez que o esquecemento nos faría máis felices?

Ficha artística

  • En escena - Pepa Barreiro
  • Dramaturxia e dirección - Esther F. Carrodeguas
  • Luz e audiovisuais - Laura iturralde
  • Espazo escénico, vestiario, deseño gráfico e produción - Esther F. Carrodeguas
  • Asesoramento vocal -  Cristina Dominguez
  • Asesoramento corporal - Olga Cameselle