Demo

Teatro Invisible

  • Compañía: Matarile Teatro
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Ana Vallés
  • Autoría: Ana Vallés
  • Tipo: Contemporáneo
  • Presentación: 2014

A Compañía

Matarile Teatro é unha das compañías de referencia no teatro contemporáneo español. Desde a súa creación en Compostela en 1986, por Ana Vallés e Baltasar Patiño, foi desenvolvendo unha linguaxe artístice e un estilo propio.

En 2016 cumpre 30 años de traxectoria, poñendo en escena máis de 30 espectáculos cos que alcanzou máis de 20 premios e mencións en distintos puntos de España e Europa. 

Entre 1993 e 2005, crea e xestiona o Teatro Galán de Compostela e impulsa durante 12 anos o Festival Internacional En Pé de Pedra.

En 2017 abre a saLa Montiel, un espazo de impermanencia.

Sinopse

Teatro invisible é unha declaración de principios, un encontro artístico directo co público, no que prima a función fática e a dicción filosófica en amalgama de accións escénicas sutís. A obra parte dun encontro entre Ana Vallés e alumnos da ESAD en 2012, que se concretou nunha conferencia de aparencia teatral que deu lugar a un coloquio. A partir desta experiencia nace Teatro Invisible, onde se mostran as principais claves do teatro de Ana e Matarile.  Esta peza é unha homenaxe á historia do teatro, unha reflexión profunda sobre o complexo momento actual dunha arte obrigada a reinventarse.

Ficha artística

  • Creación e interpretación: Ana Vallés
  • Espacio + iluminación: Baltasar Patiño
  • Textos: Ana Vallés
  • Outros textos: Javier Martínez Alejandre
  • Citas: Didi-Huberman, Gilles Deleuze, Pasolini, Tadeusz Kantor
  • Outras presencias: Kazuo Ohno, Jane Alexander , Melville, Chavela Vargas
  • Axudante de dirección: Baltasar Patiño
  • Asistente de dirección: Daniel Baamonde
  • Fotografía: Jacobo Bugarín + Rubén Vilanova
  • Vídeo: Jacobo Bugarín + Manu Lago + Cristina Balboa
  • Deseño gráfico e web: Baltasar Patiño

Destaques

Premio Abrente 2010 do MIT Ribadavia (a Ana Vallés e Baltasar Patiño).