Demo

Playoff

  • Compañía: La joven compañía
  • Procedencia: Madrid
  • Dirección: José Luis Arellano García
  • Autoría: Marta Buchaca
  • Tipo: Teatro xuvenil
  • Estrea: Estrea en Galicia

A Compañía

A compañía nace no verán de 2012 para xerar unha plataforma que concentre a profesionais das artes escénicas coa comunidade docente e que serva como primeira experiencia profesional para a mocidade.

Na actualidade conta con case cincuenta mozas/os de entre 18 e 27 anos, dirixidos por grandes profesionais do circuito teatral estatal. La Joven Compañía representa os seus espectáculos no Teatro Conde Duque de Madrid con máis de 160 funcións ao ano ademáis de realizar xira por toda España.

Sinopse

PLAYOFF é unha traxicomedia que transcorre no vestiario dun equipo de fútbol feminino. As protagonistas son mulleres novas que adoran a súa “profesión”, apaixonadas e ambiciosas.

A obra reflexiona sobre o papel da muller e do deporte feminino nunha sociedade que aínda manifesta un machismo feroz en moitos ámbitos. PLAYOFF sucede nunha tarde, a do partido máis importante da vida das nosas protagonistas. No vestiario aflorarán as envexas, os soños, as dúbidas e os medos dunhas rapazas que o único que queren é vivir da súa paixón.

Ficha artística

Elenco: Cristina Bertol, Neus Cortès, Ana Escriu, Yolanda Fernández, Cris Gallego, María Romero e Cristina Varona.

  • Dirección: José Luis Arellano García
  • Iluminación: Juanjo Llorens 
  • Escenografía e vestiario: Silvia de Marta
  • Música e espazo sonoro: Luis Delgado 
  • Videoescena: Álvaro Luna e Elvira Ruiz Zurita
  • Coreografías: Andoni Larrabeiti 
  • Caracterización: Sara Álvarez
  • Dirección do proxecto: David R. Peralto
  • Dirección de produción: Olga Reguilón
  • Dirección técnica: David Elcano
  • Dirección de comunicación: José Luis Collado
  • Márketing e desenvolvemento: Pedro Sánchez, Rocío de Felipe e Samuel García
  • Adestramento vocal: Fernando Becerra
  • Rexiduría: Dani Villar
  • Axudantía técnica: Iván Belizón e Mónica Bueno
  • Axudantía de produción: Nuria Chacón, Rocío de Felipe, Víctor Hernández e Dani Villar
  • Axudantía de comunicación: Samuel García (CM) e Pedro Sánchez
  • Axudantia de escenografía e vestiario: David García e Nayyara Altagracia
  • Realización escenografía: Juan Carlos Rodríguez e MAY Servicios 
  • Xastrería: Conchi Marro
  • Fotografía de ensaios: @SamuelGarAr 
  • Fotografía de escena: David Ruano

Destaques

En catro tempadas, máis de 150.000 espectadores de toda España viron as representaciones de La Joven Compañía.

A NOSA MISIÓN:

Contribuir á creación de futuros profesionais, artísticos e técnicos, fomentando a investigación dramática e buscando a incorporación dos públicos máis novos ao teatro a través dun proxecto pedagóxico.