Demo

Monstruación

  • Compañía: Enconarte Producciones
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Marián Bañobre
  • Autoría: Bañobre, Romero, Treus e Vukusic
  • Tipo: Comedia brutiña
  • Presentación: 2018

A Compañía

Despois de "Non é país para conas", representado o ano pasado na MITCF, Enconarte Producciones presenta "Monstruación", unha comedia breve e brutiña para romper tabús, visibilizar e normalizar o ciclo da muller.

Sinopse

Dúas bonecas de Famosa e unha de Mattel vense desbordadas cando a América, a súa compañeira de xogos, venlle a regra e decide abandonalas. Escachando mitos e na procura de solucións Barri, Nansy e Bárbara veránse abocadas a buscar traballo nun mundo monstrualmente monstruoso.

Ficha artística

  • BARRI: Arantxa Treus
  • NANSY: Rocío Romero
  • BÁRBARA: Déborah Vukusic
  • DIRECCIÓN: Marián Bañobre
  • TEXTO: Bañobre, Romero, Treus e Vukusic
  • PRODUCIÓN: Enconarte Producciones