Demo

Divinas palabras revolution

  • Compañía: CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Xron
  • Autoría: Ramón Mª del Valle-Inclán, versión de Manuel Cortés e Xron
  • Tipo: Traxicomedia
  • Presentación: 2018

A Compañía

Creado en 1984, o CDG é  a unidade de produción e distribución teatral da Consellería de Cultura e Turismo de Galicia. Pero tamén é unha unidade de creación con vida porpia, un lugar onde xerar ideas e difundilas. O CDG debe ser un referente e apoio para a creación dramática galega. Nestes máis de 30 anos de historia, as principais liñas de progrmación do Centro apuntaron en varias direccións: recuperación das nosas autoras/es fundamentais, presenza das dramaturgas/os contemporáneas/os, incorporación á escena galega dos grandes nomes da literatura dramática universal.

Sinopse

A consecuencia da morte de Xoana, a súa irmá e a súa cuñada disputan a custodia do fillo orfo, que se resolve por un sistema de quendas. Pero ningunh das dúas pensa no benestar do neno, senón no beneficio propio, guiadas unicamente polo egoísmo e sen importarlles as consecuencias das súas accións.

Nesta aproximación, Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás e Sétimo Miau son nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade, que reviven inconscientes o crú e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.

Ficha artística

Dirección e dramaturxia: Xron; Produción: Centro Dramático Galego; Elenco: Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos, Tomé Viéitez. Coa colaboración no vídeo de Mónica Camaño como Xoana a Raíña; Escenografía: Suso Montero; Vestiario: Mar Fraga; Iluminación: Fidel Vázquez; Música orixinal e espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo. Coa participación no tema "Macho cabrío" de Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javier Pereiro; Espazo Audiovisual: Quadra Producións/Cuco Pino; Asistencia técnica audiovisual: Semi Soto; Caracterización: Fanny Bello; Deseño gráfico de tatuaxes: Iván Nespereira;Tradución: Manuel Cortés; Asesoría lingüística: Rosa Moledo; Asistencia de dirección:Arantza Villar; Asistencia de produción: José Díaz.