Demo

Animacreques

  • Compañía: Catropés
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Ánxela Blanco, Vanessa Rivas
  • Autoría: Ánxela Blanco, Vanessa Rivas
  • Tipo: Circo, clown
  • Destinado a: Familiar
  • Presentación: 2017
  • Duración: 50'

A Compañía

Compañía galega de nova creación formada por Vane Rivas e Ánxela Blanco. Compartiron camiño no escénico, nasviaxes e nos contos, e achéganse nesta ocasión para desenvolver o seu primeiro proxecto conxunto: Animacreques.

Ámbalas compoñentes a pesar da súa xuventude levan xa unla longa carreira as súas costas onde non faltan premios: como o INJUVE a creación escénica por Fume que acadou Anxela ou os numerosos premios acadados por Vane a nivel nacional de fomento da lectura, xa que ambalas membras destacan non so pola súa formación artística senon tamen pola vertente social do seu traballo.

Sinopse

En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa. Ánxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

Ficha artística

  • Elenco: Ánxela Blanco, Vanessa Rivas
  • Dirección: Ánxela Blanco, Vanessa Rivas
  • Xéneros: zancos, monicreques, danza