Demo

Brinde

  • Compañía: Iria Sobrado
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Iria Sobrado
  • Autoría: Iria Sobrado
  • Tipo: Performance
  • Presentación: 2017
  • Duración: 10'

A Compañía

Chámome Iria Sobrado e en novembro fago 39 anos. Gústame novembro, as castañas, o mar, a calor e o salitre. Gústame a vida. Os fogos de artificio. Adoro a miña profesión. Son actriz de teatro e televisión e a miña proposta artística máis persoal ten forma de performance e de accións escénicas efémeras. Amo, por riba de todas as cousas, á miña filla Helena. Entre horas, e roubándollas ao que toque, son a secretaria da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Sinopse

Unha habitación de hotel. Un único espectador en cada quenda. Quendas de 10 minutos. Fóra, na porta do cuarto, unha folla coas instruccións:

"Poderá entrar un/unha acompañante en cada quenda.

As quendas serán de 10 minutos como máximo.

Cada acompañante poderá interaccionar coa artista.

Se non o decide antes, un sinal sonoro indicarálle que debe

saír do cuarto en silencio. O seu tempo rematou.

Poderá entrar o/a seguinte acompañante.

The song remains the same."

Ficha artística

Performer: Iria Sobrado

Destaques

Premio do público á mellor actriz no certame "MetroCadrado" do FIOT de Carballo, en outubro de 2017.