Demo

A Leituga

  • Compañía: eme2 producións
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Víctor Duplá
  • Autoría: César Sierra
  • Tipo: Comedia drámatica
  • Presentación: 2018

A Compañía

Eme2 é unha empresa dedicada á distribución e produción de espectáculos de artes escénicas. No camiño que iniciamos en 2001, tivemos como acompañantes a marabillosos profesionais e espléndidas compañías que fixeron que o traballo en equipo con eles nos enriquecese pouco a pouco. Nese ferver a modo do día a día, nese camiño de constante reinvención, mantivemos sempre un dos nosos principios fundacionais: pensar como e para os que sentan na butaca. Neste sentido, apostamos por producións dirixidas a un espectro amplo de públicos mantendo sempre unha esixencia alta sobre a calidade final dos espectáculos.

Sinopse

Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma dende hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai.

 “A Leituga” aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento nas nosas vidas. Que facer cos nosos pais cando se achegan á morte? 

Ficha artística

  • AUTOR: César Sierra 
  • DIRECCIÓN: Víctor Duplá
  • AYUDANTE DIRECCIÓN: Tamara Canosa
  • TRADUCCIÓN: José Luis López Roca 
  • REPARTO: Xose Barato, Mercedes Castro, Antonio Duran “Morris”, Federico Pérez, María Vázquez. 
  • ESCENOGRAFÍA E ILUMINACIÓN: José Manuel Faro “Coti” 
  • MÚSICA ORIGINAL: Anxo Graña 
  • VESTUARIO: Uxía Vaello 
  • VÍDEO: Lucía Estévez
  • DISEÑO GRÁFICO: Roi Fernández–LeGráfica 
  • PRODUCCIÓN EJECUTIVA: Cecilia Carballido
  • PRODUCCIÓN: eme2 
  • DURACIÓN: 80 minutos 
  • GÉNERO: Comedia dramática