Demo

Premio Mulleres en Acción a Asunción Bernárdez Rodal

Dª Asunción Bernárdez Rodal

En recoñecemento ao seu excepcional labor académico e de investigación, sempre desde unha perspectiva de xénero.

As súas investigacións relacionadas coa cultura: cine, teatro, literatura, plástica e, especialmente, as dedicadas aos discursos de xénero, tanto textuais como audiovisuais, iluminan o camiño de centos de mulleres e homes que se dedicarán á comunicación mediática, axudándolles a desprenderse de valores e ideoloxías caducas e machistas, construidas dende o patriarcado e dotándoas/os dunhas ferramentas profesionais que lles permitirán dominar unha linguaxe informativa ou creativa, libre de violencia contra as mulleres e auténticamente igualitaria. 

Mulleres como Asunción Bernárdez Rodal, dende a universidade pública, proporcionan esa tan necesaria educación de excelencia, pero con perspectiva de xénero, abrindo así a porta a unha sociedade máis equitativa, democrática e feminista. 

Asunción Bernárdez Rodal, exemplo e estímulo das novas xeracións de profesionais da comunicación é xa, para todas nós, un referente.

  • Profesora Titular da Universidade Complutense de Madrid de Comunicación e Xénero, Semiótica dos Medios de Masas eTeoría da Información, impartidas na Facultade de Ciencias da Información.
  • Doutora en Periodismo e Licenciada en Filoloxía Hispánica. 
  • Dirixe o Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense. 
  • Foi coordinadora do Programa de Doutorado en Estudos Feministas e de Xénero.  
  • Formou parte da comisión de expert@s para a violencia de xénero nos medios de comunicación do Ministerio de Igualdade.
  • Realiza traballos de investigación en torno á análise dos discursos de xénero, tanto textuais como audiovisuais.  
  • No ano 2015 publicou o libro Mujeres en medio(s): Propuestas para analizar la comunicación masiva con perspectiva de género na Editorial Fundamentos de Madrid. 
  • En 2018 publicase o seu último libro, Softpower: heroínas y muñecas en la cultura mediática de Editorial Fundamentos.
  • En particular, desenvolveu unha liña de investigación en torno ao cine e á análise da violencia.
  • Ten publicado o libro Violencia de género en el cine español en la Editorial Complutense, e desenvolveu outras liñas de traballo sobre textos literarios e a experiencia creativa das mulleres como os libros Escritoras y periodistas en Madrid, publicado no Concello de Madrid. Perdidas en el espacio na editorial Huerga & Fierro, El humor y la risa na Fundación Autor, e na actualidade ten publicados máis de cincoenta artígos especializados en xénero e cultura mediática, y dispoñibles en pdf no repositorio de textos da UCM e-prints.
  • Traballou en Semiótica e Teoría da Recepción con publicacións como Don Quijote, el lector por excelencia e El sueño de Hermes: el receptor en la esfera comunicativa.
  • Nos últimos anos participou no desenvolvemento dunha líña de investigación sobre Museos e Arte de mulleres dentro do grupo de Investigación do Instituto de Investigacións Feministas e, na actualidade, participa no Proxecto Europeo DIVERCITY: Diving into Diversity in Museums and in the City.