Demo

A galiña azul

  • Compañía: Tanxarina Títeres
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Cándido Pazó
  • Autoría: Carlos Casares
  • Tipo: Títeres
  • Estrea: Estrea absoluta

A Compañía

A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona. Dende entón converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego tanto dentro como fora de Galicia. A relación escénica entre títeres e actores vén sendo unha das señas de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos. TANXARINA TÍTERES ten presentado os seus traballos nos máis importantes festivais de teatro de títeres do estado, Europa e América.

Sinopse

"Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades."

A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.

Ficha artística

  • Elenco: Miguel Borines Fernández, Adrés Giráldez Rio e Eduardo R. Cunha “Tatán“
  • Escenografías e creación de bonecos: Pablo Giráldez “Pastor“ – TANXARINA
  • Música: Francisco Martínez Barreiro
  • Vestiario: Carlos Alonso
  • Adaptación e supervisión escénica: Cándido Pazó

Destaques

  • PREMIO XERACIÓN NÓS ao mellor espectáculo infantil:“ROSALÍN NO PAÍS DO SOL”
  • PREMIO XIRIA Á MELLOR ACTIVIDADE TEATRAL. Espectáculo: “COCA, A VOLTA DA BESTA”
  • PREMIO MARIA CASARES:mellor guión adaptado polo espectáculo: “RAPATÚ”
  • PREMIOS MARÍA CASARES mellor vestiario e maquillaxe "TROGLODITAS"
  • PREMIO MARÍA CASARES ao millor espectáculo infantil: "A CASA DO AVÓ"