Demo

Documental: A palabra xusta

  • Compañía: Atlantis Multimedia
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Miguel Piñeiro
  • Imparte: Introducida por Aura Marco
  • Autoría: Miguel Piñeiro
  • Tipo: Película documental
  • Destinado a: Todos públicos
  • Presentación: 2016
  • Duración: 74'

A palabra xusta

Presenta Dª Aurora Marco, Catedrática da USC. Investigadora e Escritora.

Proxección do documental de Miguel Piñeiro baseado na vida e obra da mestra  Dª Antía Cal, fundadora do Colexio Rosalía de Castro de Vigo, un centro de referencia pedagóxica e de igualdade en Galicia.

A Compañía

Atlantis Multimedia é unha empresa cunha traxectoria de máis de 25 anos dedicada ao mundo da comunicación, o audiovisual, a publicidade e a organización de eventos.

No mundo do audiovisual, e sempre baixo a dirección de Miguel Piñeiro, convén salientar entre os seus traballos o documental en cinco entregas Pegadas no Ceo. Os camiños de Santiago dende o Ceo ou Pelerinaxe polos lugares Rosaliáns así como programas televisivos como Meus ou Apaga a luz. 

Sinopse

A palabra xusta é un xogo inventado por unha profesora para os seus alumnos. Ao rematar a clase cada neno ten que escribir nun pequeno papel e da forma máis sintética o que aprendeu na clase do día. Se fose posible nunha soa palabra. As respostas póñense na parede e entre todos elixen a mellor: A palabra xusta.

Esa profesora chámase Antía Cal Vázquez – Tita, para os seus alumnos-, na gravación da película ten 92 lúcidos anos e dende a distancia mira aquel tempo no que fundou un colexio e puxo en marcha unha das máis singulares experiencias pedagóxicas da súa contorna.

Ficha artística

  • Título: A palabra xusta.
  • Dirección: Miguel Piñeiro
  • País: España
  • Ano: 2016
  • Duración: 74’
  • Xénero: Película documental.
  • Clasificación: Apta para todos os públicos e distintivo Especialmente
  • recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
  • Depósito Legal: C 2211 – 2016
  • Antía Cal Vázquez é Tita
  • Javier Gutiérrez é a voz de Antón Beiras
  • Rebeca Montero é a voz da memoria
  • Un Documental Dirixido por Miguel Piñeiro
  • Música Orixinal: Nani García
  • Director de Fotografía: Alfredo Pérez Sánchez
  • Directora de Produción: Ana Bouzas Sierra
  • Produción Executiva: Miguel Piñeiro, Carme Varela, Fernando Alfonsín
  • Axudante de dirección: Minia Irene Rey Román
  • Produción: Nati Juncal Portas, Carme Varela Rodríguez, Manuel Iglesia Fernández
  • Operadores de cámara: Alfredo Pérez Sánchez, Lucía Catoira
  • Técnico de imaxe dixital: Víctor Vigo
  • Son directo: Xavier López Souto
  • Maquillaxe e perruquería: Fina Arias Villajo
  • Montaxe: Clara García Nieto
  • Postprodución: Fernando Alfonsín
  • Colorista: Fernando Alfonsín
  • Deseño sonoro e mesturas: Amín Alí Gago / Wildtrack
  • Estudos gravación son: Wildtrack / Area 5
  • Deseño gráfico: Manuel Iglesia Fernández
  • Deseño gráfico redes sociais: Rocío Cibes e Pablo Vilar Pequeño
  • Música: Nani García

Destaques

  • A película documental foi estreada por El País TV ON LINE e obtivo en 48h 150.000 visionados completos. Sen dúbida un número de espectadores realmente importante para unha película documental destas características.