Demo

Revoltallo en Sala: Incendios

  • Compañía: Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Casilda Alfaro
  • Autoría: Wajdi Mouawad
  • Tipo: Drama
  • Estrea: Estrea absoluta

A Compañía

O movemento teatral de Cangas, conformado por compañías profesionais, grupos escolares e afeccionados, asociacións culturais e veciñais e un público activo que ten no teatro unha das súas prioridades de ocio, forneceu a creación dunha Escola Municipal que estabilizase e consolidase a relación Cidadanía-Teatro. A EMAEC, pola que xa pasaron 300 alumnos, nace no 2008 co obxectivo de achegar o coñecemento da práctica teatral e mostrar ao público ese traballo coa posta en escena de obras interpretadas polo alumnado, da man do equipo pedagóxico, técnico e artístico de Teatro de Ningures.

Sinopse

Os incendios arrasan toda vida e mudan a normalidade cotiá de paisaxes ou vidas, e deixan en carne viva as súas entrañas ate entón ben recubertas.

Aquí fálase de tres incendios vitais: o de Nawal (a nai), que nos pon diante dunha vida agochada de procuras fallidas e de activismo; o de Jeanne (a filla), capaz de descadrar a vida cómoda nun polígono vital e familiar de suposta seguridade, e o de Simón, que nos enfronta cuhna vida que tamén arrasa inseguridades. E ao remate, o gran incendio, o que arrasa con todo, o que nos leva á desolación e o silencio. Ate que todo é barrido pola chuvia.

Ficha artística

  • Reparto: Anabel Budiño, Estevo Lemos, Iria de Pazos Bugarín, Sócrates Perez, Alex Rodriguez, Roberto Montes, Rosa E. Gantes, Ángeles Menduiña, María Fernandez, Ana Iglesias, Bárbara Barcia e a colaboración especial de Lois Soaxe como Nihad.
  • Técnico: Hector Pazos
  • Realización audiovisual: Tatiana Fervenza Budiño, Aarón Brun, Gonzalo Torres e Borja Brun.
  • Fotografía e vídeos: Iago Costas
  • Espazo sonoro: Xosé Ramón Rocha
  • Escenografía e vestiario: EMAEC 
  • Tradución: Xosé Manuel Pazos
  • Iluminación: Salvador del Río
  • Dirección: Casilda Alfaro

Destaques

Agradecemos a inestimable colaboración de Lois Soaxe, Tatiana Fervenza Budiño, Aarón Brun, Gonzalo Torres e Borja Brun.