Demo

Pequeno cabaret infantil

  • Compañía: Nelson Quinteiro
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Nelson Quinteiro
  • Autoría: Nelson Quinteiro
  • Tipo: Rúa
  • Presentación: 2017

A Compañía

Politólogo de formación, Nelson Quinteiro é director de escena, coreógrafo, actor, bailarín, productor, guionista, escritor e músico por vocación.

Vencellado ao mundo do cabaré, da música e do teatro de rúa dende 1998, é creador de propostas como o Festival Galego de Cabaré (10 edicións), Compostela Carpa Cabaré, Noites Efervescentes de Ferrol, Portamérica Circo Cabaret, Pequeno Circo de Nadal -Rianxo- ou Pequeno Circo de Entroido -A Coruña- entre outras.

Coa súa propia compañía de danza-teatro dende 2006, defínense como creadores de " Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro".

Sinopse

Un orixinal espectáculo que instala un vistoso teatriño na túa rúa, praza ou teatro inspirándose nos tenderetes ou barracas de circo antigo.

Alí un curioso mestre de cerimonias que se fai chamar "Pedriño Mendrugo" presenta á súa artista internacional, "Jacinta Florette", pero esta non dá aparecido por ningures.

Despois de varias chamadas, o artista botará man de cancións, contos populares ou xogos de toda a vida para sacar adiante un espectáculo con un ritmo frenético, moita interacción e risas aseguradas. E até un circo de pulgas!

Ficha artística

  • Idea orixinal: Nelson Quinteiro
  • Guión: Nelson Quinteiro
  • Interpretación: Nelson Quinteiro
  • Axudante e asistente de produción: Susi Ons

Destaques

  • Un espectáculo con un grande palmarés ás súas costas: Festival Portamérica 2016, Mercado Modernista de Cartagena 2016, Festival Interritmos 2016, IX Festival Galego de Cabaré Redondela 2016, Rilla na Rúa 2016, Pequeno Circo de Nadal Rianxo 2016 ou Pequeno Circo de Entroido A Coruña 2017.