Demo

A vida tola

A Compañía

Natalia Outeiro "Pajarito" é unha pallasa galega con máis de 10 anos de experiencia sobre os escenarios, tanto como actriz e pallasa como directora de máis dunha ducia de espectáculos vinculados ás artes do Circo.

Sinopse

O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que para a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa. Pajarito é xa unha artista patrimonio da humanidade e a Oitava Maravilla do Mundo!!!!!

Ficha artística

  • Natalia Outeiro "Pajarito"