Demo

Ekilibuá

  • Compañía: Maintomano
  • Procedencia: Francia/Castilla-León
  • Dirección: Maintomano
  • Autoría: Maintomano
  • Tipo: Novo Circo
  • Presentación: 2014
  • Duración: 50 minutos

A Compañía

A compañía Maintomano leva máis de dez anos xa, man a man facendo Circo… ou poesía física entre dúas almas cómplices. Composta por Marcos Rivas e Morgane Jaudou.

Sinopse

Dúas personaxes e o seu pequeno rebaño rodante ... A xogar!!!! Xogos de construcción de plataformas diferentes. Xogamos a ver quen sube máis alto, ata que non se poda máis ... Xogo arriscado!!!! Sempre ollando a ver quen leva a voz cantante pero, sobre todo, xogando man con man. Ekilibuá é un espectáculo para todos os públicos que fusiona a teatralidade cos portés acrobáticos, o lanzamento de coitelos, os equilibrios, a manipulación de obxectos.

Ficha artística

  • Marcos Rivas e Morgane Jaudou
  • Dirección: Maintomano

Destaques

  • Premio mellor espectáculo de rúa "Feria de teatro de Castilla y León 2014"
  • Premio "Estación Norte" mellor espectáculo TAC valladolid 2016