Demo

Las polis

  • Compañía: Las Polis Dúo Clown
  • Procedencia: Casilla-La Mancha
  • Dirección: Christophe Thellier
  • Autoría: Marta Sitjá, Fanny Giraud
  • Tipo: Clown. Todos os públicos
  • Estrea: Estrea en Galiza
  • Presentación: 2015

A Compañía

As Polis Dúo é unha compañia integrada polas pallasas Marta Sitjá e Fanny Giraud.

Sinopse

Un espectáculo que non ten por obxectivo rirse da policía senón de mulleres que buscan ser resistentes e intocables como o corpo policial.

¡Elas están alerta! ¡Elas defenden a lei!

Susana e Vanesa: Axentes de policía

A súa misión: Protección do cidadán e mantemento da orde

O seu lema: Todo está baixo control

A única pregunta: Quen as controla a elas?

As Polis é un espectáculo de clown de rúa con dúas mulleres policías como protagonistas. Encargadas de manter a orde e a seguridade despregan todas as súas forzas co fin de ensinar á poboación que todo está baixo control.

Ficha artística

  • Dirección: Christophe Thellier
  • Colaboración no proceso creativo: Antonio J. Gómez
  • Escenografía: Jiribilla
  • Vestiario: Laura León e Nuria Vicent
  • Produción: Iván Monje
  • Deseño Gráfico e Web: casadelocos.es