Demo
  • MITCFC
  • Programa
  • Agares que buligan gozando ao sol dunha habaneira que non é

Agares que buligan gozando ao sol dunha habaneira que non é

  • Compañía: Inherente Teatro
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Inherente Teatro
  • Autoría: Inherente Teatro
  • Tipo: Performance

A Compañía

I.T. nace co profundo desexo de comunicar dende un punto de vista persoal a nosa visión da idea de xénero dentro do noso ecosistema político-social. Buscando o empoderamento da muller. Unha muller "segura de si mesma". Con Dr. das Mulheres, quixose dar visibilidade ao que re-presenta ser muller e o que é unha muller dentro dunha universalidade temporal e espacial. Os camiños vindeiros estanse a debuxar pero sempre, dentro dun plano de controversia política e social, aspecto que define as voces creativas da compañía. Sempre, nun continuo intento de xusticia poética.

Sinopse

Agares que buligan gozando ao son dunha Habaneira que non é, trátase dunha peza teatral posdramática, que integra elementos performativos debuxados sobre o plano da tradición do mar. A muller e o mar. O peixe. As algas. A orixe. Uns pés afondan na beira: uns pés de marisqueira, uns pés de sal. Nun mércores, nunha noite de luar, non precisa lanterna para arrastrar o peso da area. Catro mulleres sen xeito procuran, con moito humor, mergullarse entre agares pardos. Como elas, agares desancorados.

Ficha artística

Creación conxunta de:

  • Noelia Blanco.
  • Celina Fernández.
  • Pía Nicoletti.
  • Laura Iturralde (Iluminadora).

Destaques

  • Finalistas Cenit Sevilla organizado por TNT (2016).
  • 3º Premio XuventudeCrea (2016).
  • Colaboración no II Encontro de Mulleres Creadoras FITO 2016.