Demo

Up2Down

  • Compañía: trasPediante
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Arturo Cobas
  • Autoría: trasPediante
  • Tipo: Espectáculo familiar de Circo-Danza
  • Presentación: 2015

A Compañía

trasPediante é un xenerador de proxectos culturais principalmente relacionados coa danza.

Traballamos en:

  • Creación e producción de pezas de danza.
  • Dirección, creación e xestión de corpo(a)terra.
  • Creación e docencia de proxectos pedagóxicos relacionados coa danza.
  • Xestión de ciclos e xornadas de artes escénicas.
  • Colaboracións con outros artistas e colectivos.
  • Realización de traballos por encargo para organismos culturais ou outro tipo de entidades.

Marta Alonso, Paula Quintas, Begoña Cuquejo.

Sinopse

Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un paiaso. "Up2Down" é un espectáculo de circo-danza contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo.

As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dúas personaxes definidas polo seu estatus antagónico: o alto e o baixo; a funambulista, etérea e ideal, e a Pallasa, terreal e mundana. Xunto a elas, percorrerás unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións ata que acadan un punto de encontro: o equilibrio.

Ficha artística

  • Intérpretes: Marta Alonso & Paula Quintas
  • Creación colectiva dirixida por: Arturo Cobas
  • Asistencia de dirección e dramaturxia: Natalia Outeiro (“Pajarito”) e Kirenia C. Martínez
  • Coreografía: Marta Alonso & Paula Quintas
  • Musica orixinal: María Mendoza
  • Deseño de iluminación: Javier Quintana
  • Vestiario: Fany Bello
  • Produción:  trasPediante
  • Distribución: Pistacatro Productora de soños S.L