Demo

Os cans non comprenden a Kandinsky

  • Compañía: AveLina Pérez
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: AveLina Pérez
  • Autoría: AveLina Pérez
  • Tipo: Contemporáneo
  • Destinado a: Público adulto
  • Presentación: 2017

A Compañía

AveLina Pérez, creadora escénica independente. Forzosamente independente. 

Directora e dramaturga das pezas "Vaguedás", "A que non podes dicir cocacola?"  "Gañaremos o pan coa suor da túa fronte" e"Honey Rose", entre outras.

Cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá, e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista inda que estea camuflada, agochada , distorsionada, pero sempre presente.

Sinopse

"Eu estou nunha terraza, soa, escribindo ou facendo calquera cousa importante. E aparece un can. Un can sucio. Un can abandonado e sucio. O can busca polo chan da terraza comida, miro para el mentres busca. O can busca comida e eu miro. Non escribo, non fago nada importante. Miro." 

E desde aí o delirio. 

Unha viaxe mental, e minimamente física, na procura do esquecemento da imaxe  do can.

Ficha artística

  • Dirección e dramaturxia: AveLina Pérez
  • AveLina Pérez: A actriz
  • Daniel Casquero: O espectador
  • Espazo sonoro construído sobre as "Esculturas Sonoras" de Alberte Pagán.
  • Deseño iluminación: Daniel Casquero.
  • Fotografía: Martín Pol
  • Deseño Gráfico: Nadina Bértolo

Destaques