Demo

Tanxarina. Exposición de bonecos

  • Compañía: Tanxarina Títeres
  • Procedencia: Galiza
  • Autoría: Tanxarina Títeres
  • Tipo: Exposición de bonecos
  • Duración: XXXIV MITCFC

A compañía Tanxarina Monicreques foi fundada no ano 1983 por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fío do Institut do Teatre de Barcelona e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil. Desde entón converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego tanto dentro como fóra de Galicia.

Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar, onde se combinan diversas técnicas de animación de bonecos co traballo actoral dos propios manipuladores.

Marionetas de fíos, monicreques de luva, de varillas, sombras chinesas, bunrakus e outros gañan así en forza expresiva e comicidade. Esa relación escénica entre monicreques e actores vén sendo unha dos acenos de identidade da compañía desde os seus primeiros espectáculos.

Destaques

  • Premio Xeración Nós, Premio Xiria e Premio María Casares, entre outros galardóns.