Demo

Río Bravo

  • Compañía: Chévere
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Chévere
  • Autoría: Chévere
  • Tipo: Grelo Western
  • Estrea: Estrea absoluta

A Compañía

A finais de xuño de 1987 Chévere actuaba por primeira vez en público e o facía na Praza dos Bombeiros de Santiago de Compostela, detrás da Escola Mestre Mateo.

Trinta anos despois daquela noite de verán a compañía segue funcionando e está vivindo un dos seus mellores momentos artísticos e profesionais. Premio da Crítica de Galicia 2011. Premio de Honra da MIT de Ridabavia 2012. Premios María Casares ao Mellor Espectáculo en 2012, 2014, 2017. E Premio Nacional de Teatro 2014, converténdose na primeira compañía galega en ter este recoñecemento, o máis importante das artes escénicas de ámbito estatal, que desde 1949 recibiron apenas 7 compañías (Els Joglars, La Fura dels Baus, Ur Teatro, Teatre Lliure, Animalario, Atalaya e La Zaranda).

Para celebrar este 30 aniversario, Chévere quere facelo agasallando ao público. Por iso vai ofrecer a posibilidade de revivir a experiencia de asistir a Río Bravo, o seu primeiro gran éxito de público.

Sinopse

Río Bravo, un lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, onde os homes son homes e as mulleres tamén. Un musical trepidante que esgota por fin os estereotipos do western ríndose de todos eles. O lugar onde Chévere se atopou consigo mesmo e iniciou a marcha lenta e implacable cara á busca da súa identidade. Esta é unha revisitación do mito. Río Bravo está no mesmo sitio. Non mudou de ubicación nin de apariencia. Os personaxes, os ambientes, a aventura, en definitiva, segue sendo a mesma. E algúns dos que a fan posible tamén. Un musical en directo. Unha comedia disparatada. Unha festa teatral para goce de todos os públicos. Vintesete anos despois coma se fose hoxe.

Ficha artística

  • En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Xron, Manuel Cortés, Marcos Ptt Carballido, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián.
  • Autor: Chévere.
  • Dirección colectiva.
  • Música: Fran Pérez.
  • Vestiario e escenografía: Carlos Alonso.
  • Confección: Maribel Gómez.
  • Iluminación: Fidel Vázquez.
  • Son: Xurxo Pinheiro.
  • Comunicación: Xana García.

Unha produción Chévere co apoio do Concello de Santiago de Compostela.

Chévere é compañía residente no concello de Teo.