Demo

Encore une heure si courte

A Compañía

Théâtre du Mouvement, fundada en 1975, está codirixida por Claire Heggen e Yves Marc. O seu concepto da arte do actor e do mimo contemporáneo basease na teatralidade do movemento e do xesto. Integran o seu coñecemento do Mimo corporal e sitúanse na fronteira entre a danza dramática, o teatro de obxectos e un teatro textual no que o corpo está totalmente implicado.

La Mecánica, compañía produtora de artes escénicas con base en Mallorca, traballa e colabora transversalmente con artistas nacionais e internacionais arredor do teatro visual  e corporal en todas as súas formas. 

Sinopse

De tres caixas xorden tres homes, curmáns remotos de Beckett, Tati e Buster Keaton.

A súa insólita xestualidade oscila entre o virtuosismo refinado do movemento e a acrobacia.

Exprésanse nunha linguaxe estraña, imaxinaria, musical e poética. Palabras entrecortadas, palabras compostas e sons inesperados dialogan co corpo dando lugar a un movemento desacompasado, descomposto, xeométrico, inusual.

De taboas a caixas, de caixas a cubos, de cubos a follas de papel…

Estes tres seres exploran unha contorna descoñecida e hostil. Embarcanse nunha viaxe improbable coa axuda dun plano incerto.

Ficha artística

  • Dirección: Claire Heggen
  • Textos musicais: Georges Aperghis
  • Intérpretes: Pau Bachero, Albert Mèlich, Alejandro Navarro
  • Deseño sonoro e consello musical: Richard Dubelski
  • Deseño de iluminación: Etienne Dousselin
  • Asesoramento artístico: Yves Marc
  • Vestiario: Jean-Jacques Delmotte
  • Técnico en Xira: Manu Martínez
  • Produción executiva e asistencia á dirección: Joana Castell
  • Produción executiva e tour manager: Gal·la Peire
  • Fotografía: Sandrine Penda

Destaques

  • Premio "Mejor espectáculo Noches FETEN" 2016.