Demo

Equilibrando ilusiones

  • Compañía: Circovito
  • Procedencia: Andalucía
  • Dirección: Víctor Sánchez
  • Autoría: Víctor Sánchez
  • Tipo: Rúa
  • Estrea: Estrea en Galiza
  • Presentación: 2009

A Compañía

Víctor Sánchez  comeza a súa formación en Madrid (Carampa, EMCA…) e realiza un curso anual en “Charivari”. Segue a súa formación na “Escola Nacional de Circo de Moscova” e no “Espace Catastrophe” de Bruxelas, impartindo os seus primeiros cursos e colaborando no proxecto “Creahm”, con persoas con dificultades. Máis tarde viaxa á Habana (Cuba)  para  depurar a técnica da escaleira sobre a corda frouxa.

Sinopse

Un personaxe elegante, brincallón, carismático e humilde, buscará a implicación de adultos e nenos. Acompañado de improvisacións, toques de humor e poesía, este espectáculo destaca polo seu nivel técnico sobre unha “corda frouxa” de 8 mm de grosor pola que o personaxe camiña de xeito excéntrico pasando por riba dunha persoa voluntaria, sentada baixo a corda. Balancease, caenselle os pantalóns, baila hula-hops, camiña sobre un monociclo e, para rematar, sube ao alto dunha escaleira de casi dous metros (coas súas dúas únicas patas apoiadas na corda) e balancease sobre a mesma.

Ficha artística

  • Autor, director e actor: Víctor Sánchez

Destaques

“Equilibrando ilusiones”, estreado no Festival de Avignon (Francia), representouse en numerosos festivais de Europa nos que conseguiu diversos premios:

  • Premio "Coup de Cœur 2009" no XVII Festival de Artistes de Rue (Suiza).
  • Premio "Pavè de Argent 2010" no XVIII Festival des Artistes de Rue de Vevey (Suiza).
  • "1º Premio Tafalla 2011" no IV Festival de Teatro Tafalla Va de Calle (Navarra).