Demo

Xanciño "Chismes"

  • Compañía: Adrián Ríos
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Adrián Ríos
  • Autoría: Adrián Ríos
  • Tipo: Rúa

A Compañía

Adrián Ríos é un actor de Moaña.

Comeza a súa formación de Interpretación na EMAEC, licenciándose posteriormente nesta especialidade na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Participa dende moi novo en diversas montaxes de teatro e iníciase no mundo audiovisual a partires do ano 2010. Compaxina nos vindeiros anos o traballo en teatro e televisión, entre outros, con formación adicional, como: teatro xestual, esgrima, danza, loita escénica, acrobacia escénica, commedia dell´arte, cámara e cine.

Na actualidade amplía a súa formación en Madrid (Centro del Actor).

Sinopse

Xanciño “Chismes” é un mariñeiro da vila que fala de todo e non sabe de nada. Percorreu bastante mundo (ou iso di) e por iso lle gusta contar á xente todos os “chismes” dos que se enterou por aí. Dedícase a ir pola vila co seu carro cheo de nasas, redes e demais aparellos buscando con quen falar. É algo botarate e non ten pelos na lingua, pero é bo rapás.

Ficha artística

  • Actor: Adrián Ríos