Demo

Emilia

  • Compañía: Teatro del Barrio
  • Procedencia: Madrid
  • Dirección: Anna R. Costa
  • Autoría: Noelia Adánez
  • Estrea: Estrea en Galiza
  • Presentación: 2016

A Compañía

A vontade coa que abrimos Teatro del Barrio é abertamente política: participar no movemento cidadá que xa está a construír outro xeito de convivir.

Este teatro nace da fame de realidade. A realidade ten sempre algo marabilloso: por terrible que sexa, pódese transformar. Cando se coñece. E esta é a vocación do proxecto: saber que está a pasar aquí, porque non nos gusta e porque o queremos cambiar. Este teatro pretende ser unha asemblea permanente onde mirar xuntos o mundo para, xuntos, imaxinar outro onde a boa vida sexa posible.

Sinopse

EMILIA mostra a loita dunha muller, Emilia Pardo Bazán, que, nas postremeiras do século XIX,  empeñase en ser ela mesma, é dicir, en conducirse fiel aos seus desexos e vontade de escribir e participar na vida pública.

Emilia intentou ingresar na Real Academia de la Lengua. Sen éxito. A súa insistencia custoulle a reprobación de moitos dos seus contemporáneos, incluso despois de ter conseguido a admiración dalgúns outros. Por riba das polémicas, en EMILIA sobresae a figura dunha muller forte, intelixente e extraordinariamente divertida.

Ficha artística

  • Autor/a: Noelia Adánez 
  • Director/a: Anna Rodríguez
  • Asistente á dirección artística: Pablo Esguevillas
  • Intérpretes: Pilar Gómez
  • Deseño de iluminación: Raúl Baena
  • Deseño de escenografía: Teatro del Barrio 
  • Deseño de vestiario: Ana Salvador
  • Creación toucado: Bibiana Borissova
  • Perruquería: Montse Ortega
  • Espazo sonoro: Iñaki Rubio 
  • Deseño Gráfico: Jacobo Gavira