Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • danza 0017 Escanear-
  • danza 0016 Escanear-
  • danza 0015 Escanear-
  • danza 0014 Escanear-
  • danza 0013 Escanear-
  • danza 0012 Escanear-
  • danza 0011 Escanear-
  • danza 0010 Escanear-6b
  • danza 0009 Escanear-6c
  • danza 0008 Escanear-
  • danza 0007 Escanear-7b
  • danza 0006 Escanear-
  • danza 0005 Escanear-8b
  • danza 0004 Escanear-
  • danza 0003 Escanear-
  • danza 0002 Escanear-
  • danza 0001 Escanear-
  • danza 0000 Escanear-
  • MITCFC
  • Novas
  • O 29 de xuño arranca a Mostra cunha programación que convertirá Cangas na capital do teatro cómico durante dez días

O 29 de xuño arranca a Mostra cunha programación que convertirá Cangas na capital do teatro cómico durante dez días

O 29 de xuño arranca a XXXV edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Un ano máis, a vila morracense será a capital nacional do teatro cómico e festivo. Durante dez días consecutivos, ata o 8 de xullo, o Auditorio Municipal de Cangas e diferentes espazos da vila acollerán obras de teatro dirixidas a todo tipo de público.  

O cartaz desta nova edición da MITCFC está inspirado nunha obra da recentemente falecida artista galega María Mazás (A Coruña, 9 de agosto de 1960 - 5 de outubro de 2017). ‘Love Duet’  é o título do traballo de Mazás. Trátase dunha parte do ballet ‘Groosland’, creado en 1989 para o Dutch National Ballet de Amsterdam pola coreógrafa Maguy Marín, nacida en Francia pero filla de exiliados españois.

Pintora, escultora, poeta, deseñadora de sombreiros, artista plástica e bailarina, Mazás é un exemplo de artista multidisciplinar. Aínda que provén do mundo da danza clásica, en 1987 mudou o seu rumbo creativo e empezou a adicarse á sombrereiría como arte. Alguhas das súas orixinais pezas puideron verse, en distintas ocasións, nas pasarelas Cibeles e Gaudí.

Mazás foi una artista autodidacta que se definiu a partir dunha constante investigación. Tras pasar tres anos en Alemaña, investigando sobre a súa nova profesión, instalouse en Barcelona en 1991.  Ademais, participou en diversas montaxes  teatrais e en máis de trinta exposicións en cidades como Friburgo, Roma, Venecia e París.​

Despois de 17 anos adicándose á sombrereiría, María Mazás retomou a súa carreira como pintora, inspirada na tradición xaponesa da caligrafía e a pintura sumi-e, que combinou co seu interese pola pintura expresionista para desenvolver unha obra de profunda espiritualidade.

Creadora e artista, Mazás realizou a súa última exposición na súa cidade natal, apenas 16 meses antes da súa morte.  Nesa ocasión mostrou oleos, collages e esculturas con materiais de refugallo que cobraban una nova vida e significado.

Diego Seixo

Diego Seixo foi o artista encargado de deseñar o cartel da XXXV MITCFC. O artista moañés, formado na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, ademais de como deseñador, ten participado en numerosas exposicións e producións teatrais profesionais en diversas facetas, en compañías como Teatro de Ningures ou Ibuprofeno Teatro.

 “A organización da MITCFC encargoume un cartel a partir de Love duet, unha peza inédita de María Mazás”, explica Seixo. Esta situación “supuxo unha gran responsabilidade, xa que tiña que sintetizar nun cartel unha serie de debuxos que, secuenciados, narran a relación dunha parella a través da danza”. Engade que, “como, lamentablemente, a interlocución coa artista non era posible, tiven que intentar poñerme na súa pel para ser o máis respectuoso posible co fondo lirismo da súa obra”.  Seixo agarda que a imaxe “sirva como homenaxe á traxectoria dunha artista tan particular como foi María Mazás.", una das moitas mulleres en acción da nosa cultura ás que trata de redescubrir e poñer en valor a Mostra Internacional de Teatro de Cangas.